Mediante este anuncio faise público que pola Resolución da directora territorial da Consellería do Mar en Vigo, do 25 de setembro de 2025, se autorizou a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños que a seguir se describe:
Identificación e localización: parcela número 584 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, no termo municipal de Vilagarcía de Arousa.
Superficie: 164,64 m2.
Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22.4.2019).
Remate da vixencia: 23.4.2029.
Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).
Tipo de transmisión: mortis causa.
Actual titular: Rocío Ferreirós Caamaño (***7378**).
Novos titulares: Antía Collazo Ferreirós (***3073**) (75 % pleno dominio e 25 % núa propiedade) e Antonio Collazo Méndez (***5906**) (25 % usufruto).
Os novos titulares subróganse no prazo, nos dereitos e nas obrigas da anterior.
Vigo, 26 de setembro de 2025
María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo
