DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 20 de outubro de 2025 Páx. 54541

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2025 pola que se nomean como persoal funcionario de carreira do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de telecomunicación, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro).

Unha vez realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Resolución do 29 de setembro de 2025 (DOG número 189, do 1 de outubro), ao cal foi convocado o persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de telecomunicación, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG número 244, do 26 de decembro), esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de telecomunicación, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 22 de decembro de 2022 (DOG número 244, do 26 de decembro) e que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, así como adxudicarlles como destinos definitivos os que figuran no mesmo anexo.

Segundo. Para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computar desde o día 22 de outubro de 2025.

No caso de que algunha persoa aspirante se atope en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da baixa médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, dado que as persoas poderán tomar posesión durante estas situacións.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses, contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

Elección de destino definitivo do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de telecomunicación

Nº de orde de elección de destino

DNI

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro de destino

Centro directivo

Concello

Subgrupo

Nivel

1

***6281**

Cobelo Casas, César Abrahan

1

EIA110000215770029

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

ED

Área de Programas

Axencia Galega de Innovación (Gain)

Santiago de Compostela

A1

26

2

***1588**

Peteiro Carreira, María Jesús

3

PX2010000215770017

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

PX

S. X. de Enxeñaría e Planificación de Radio, Televisión e Multimedia

Secretaría Xeral de Medios

Santiago de Compostela

A1

26

3

***7541**

Biurrun González, Francisco Javier

2

EIA110000315770025

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

EC

Área de Servizos

Axencia Galega de Innovación (Gain)

Santiago de Compostela

A1

26