Unha vez realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Resolución do 29 de setembro de 2025 (DOG núm. 189, do 1 de outubro) ao cal foi convocado o persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de física, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), esta consellería
RESOLVE:
Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de física, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro) e que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos definitivos os que figuran no mesmo anexo.
Segundo. Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas ás cales se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse desde o día 22 de outubro de 2025.
No caso de que a persoa aspirante se encontre en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil ao da data de finalización da baixa médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, en que poderán tomar posesión durante esta situación.
Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2025
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público
e Administración de Persoal
ANEXO
Elección de destino definitivo do corpo facultativo superior de Administración especial
da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias,
especialidade de física
|
Nº de orde de elección de destino |
DNI |
Apelidos e nome |
Posto elixido |
Código do posto |
Denominación |
Cons. |
Centro destino |
Centro directivo |
Concello |
Subgr. |
Niv. |
Observ. |
|
1 |
***8137** |
Carracedo García, Pablo Enrique |
6 |
MAC030000015770004 |
Posto base Subgrupo A1 |
MA |
D. X. de Enerxías Renovables e Cambio Climático |
Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático |
Santiago de Compostela |
A1 |
20 |
Horario especial |
|
2 |
***9710** |
Rodríguez García, María Fátima |
4 |
MAC040000015770017 |
Posto base Subgrupo A1 |
MA |
D. X. de Calidade Ambiental e Sostibilidade |
Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade |
Santiago de Compostela |
A1 |
20 |
|
|
3 |
***7674** |
Fernández García, Guillermo |
5 |
MAC030000015770003 |
Posto base Subgrupo A1 |
MA |
D. X. de Enerxías Renovables e Cambio Climático |
Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático |
Santiago de Compostela |
A1 |
20 |
Horario especial |
|
4 |
***7686** |
Díaz Pérez, María del Pilar |
3 |
MAC030000015770010 |
Posto base Subgrupo A1 |
MA |
D. X. de Enerxías Renovables e Cambio Climático |
Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático |
Santiago de Compostela |
A1 |
20 |
Horario especial |
|
5 |
***7119** |
Tesouro Montecelo, Marcos |
7 |
MAC030000015770008 |
Posto base Subgrupo A1 |
MA |
D. X. de Enerxías Renovables e Cambio Climático |
Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático |
Santiago de Compostela |
A1 |
20 |
Horario especial |
|
6 |
***7854** |
Otero Leal, Marta |
2 |
EIC030020032730062 |
Posto base Subgrupo A1 |
EC |
Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia (LOMG)-San Cibrao das Viñas |
Secretaría Xeral de Industria |
San Cibrao das Viñas |
A1 |
20 |
|
|
7 |
***6940** |
Outumuro González, Ismael |
1 |
EIC030020032730060 |
Posto base Subgrupo A1 |
EC |
Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia (LOMG)-San Cibrao das Viñas |
Secretaría Xeral de Industria |
San Cibrao das Viñas |
A1 |
20 |
|
|
8 |
***6968** |
Penabad Ramos, Eduardo |
8 |
EIC030020032730061 |
Posto base Subgrupo A1 |
EC |
Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia (LOMG)-San Cibrao das Viñas |
Secretaría Xeral de Industria |
San Cibrao das Viñas |
A1 |
20 |
