Expediente: IN407A 2025/119-4.
Promotora: Promociones Hábitat, S.A.U.
Denominación: LMTS e CT rúa Baixada San Roque.
Concello: Vigo.
Feitos:
1. O 4.6.2025, Promociones Hábitat, S.A.U. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da instalación eléctrica denominada LMTS e CT rúa Baixada San Roque.
A solicitude inclúe o proxecto de execución asinado polo enxeñeiro técnico industrial César Méndez Lorenzo, colexiado número 1350 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Santiago de Compostela, e contén un orzamento total de 58.896,39 euros.
Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade a instalación dun centro de transformación de 400 kVA e a súa liña de acometida, na rúa Baixada de San Roque, no concello de Vigo, para dar subministración a un edificio de vivendas.
Estas instalacións eléctricas, unha vez rematadas e antes da súa posta en servizo, serán obxecto de cesión á empresa distribuidora da zona, neste caso UFD Distribución Electricidad, S.A.
2. Este departamento territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Vigo. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado emitido polo Concello.
3. O 22.7.2025, os servizos técnicos deste departamento territorial emitiron un informe favorable ás autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica LMTS e CT rúa Baixada San Roque.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. O Departamento Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).
Segunda. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
Terceira. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:
– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1 2OL 12/20 kV 3x240 Al, de 152 metros de lonxitude (2x76), coa orixe e final na LMTS SDM713, entre os centros de transformación 36S664 e 36CBSY, facendo entrada e saída no centro de transformación proxectado.
– Centro de transformación a 400 kVA, equipado con celas SF6 tipo CGM Cosmos 2L+1P, con relación de transformación 15 kV/400 V.
– A instalación está situada na rúa Baixada San Roque, no concello de Vigo (Pontevedra).
Conforme o indicado,
RESOLVO:
Outorgar a Promociones Hábitat, S.A.U. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMTS e CT rúa Baixada San Roque (expediente IN407A 2025/119-4).
Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada e de acordo coas seguintes condicións:
1. As características da instalación axustaranse en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e aos condicionados técnicos impostos polas administracións públicas, organismos ou empresas que presten servizos públicos ou de interese económico xeral, no relativo aos bens e dereitos da súa propiedade que se atopen afectados pola instalación, en especial os relativos ás distancias de seguridade, cruzamentos e paralelismos prescritos pola normativa vixente.
2. A empresa promotora asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e logo da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
3. En todo momento deberán cumprirse as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular canto establecen o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
4. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) 2019/1937 e se derroga o Regulamento (UE) 517/2014 (DOUE núm. 573, do 20 de febreiro), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellexe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura.
5. Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa distribuidora da zona será quen tramite a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial, acompañada da seguinte documentación:
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado da dirección final de obra subscrito por unha técnica ou un técnico facultativo competente en que conste que a instalación foi realizada de acordo coas especificacións contidas na autorización de construción, así como coas prescricións da regulamentación técnica de aplicación á materia, segundo a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia. Este certificado debe cumprir co establecido na Resolución do 12 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, pola que se aproba o modelo oficial de certificado de instalación eléctrica en alta tensión, publicada no Diario Oficial de Galicia do 24 de xuño e na Instrución 5/2012, do 15 de novembro, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, sobre os criterios que se aplicarán para exixir o visado colexial en materias de industria e enerxía.
– Contrato de cesión entre Promociones Hábitat, S.A.U. (promotor) e UFD Distribución Electricidad, S.A. (a entidade de transporte e distribución de enerxía eléctrica).
– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.
Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que xulguen pertinente.
Pontevedra, 26 de agosto de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
