DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 21 de outubro de 2025 Páx. 54806

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 7 de outubro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2024/008-1, no concello de Tordoia.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócanse a todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación do ben e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LAMT SIG808 Lengüelle 8, entre os apoios ACDOMC70//86 e ACM3Q18X//89, no concello de Tordoia (expediente IN407A 2024/008-1), acto que se realizará en primeiro lugar sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias da casa do referido concello, segundo o calendario e o horario aproximado que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberá comparecer a persoa propietaria ou titular de dereitos sobre o ben afectado, por si mesma ou representada por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 7 de outubro de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2024/008-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Regulamentación LAMT SIG808 Lengüelle 8, entre os apoios ACDOMC70//86 e ACM3Q18X//89.

Concello: Tordoia.

Predio

Lugar

Ref. catastral

Titularidade proposta

Data

Hora

2

Navais

15085A037009690000RK

Descoñecida

12.12.2025

12.45