No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 192, do 8 de outubro de 2025, publicáronse integramente as bases aprobadas mediante o Decreto da Presidencia núm. 418/2025, do 2 de outubro de 2025, relativas á convocatoria para a cobertura das seguintes prazas, por quenda libre, do Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña:
– Unha (1) praza de administrativo/a, grupo C, subgrupo C1, escala da Administración xeral, subescala administrativa.
O prazo de presentación será de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando cumpra de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nelas.
Carballo, 15 de outubro de 2025
Valentín González Formoso
Presidente do Consorcio Provincial
contra Incendios e Salvamento da Coruña
