DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 21 de outubro de 2025 Páx. 54838

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 30 de xuño de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Muras (expediente DH.A27.88773).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Concello de Muras.

Volume total anual: 580 m³/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,6 l/s.

Destino: extinción de incendios forestais.

Orixe: x: 613529, y: 4811631 (ERTS-89, fuso 29).

Lugar: Abertal.

Parroquia: Balsa, A (Santa María).

Concello: Muras.

Descrición do aproveitamento:

Captaríanse as augas das sobrantes dun aproveitamento do mesmo manancial para abastecer a parroquia da Balsa (tramitado no expediente DH.A27.69800). As augas condúcense ata un depósito de formigón de 116 m³ de capacidade para a extinción de incendios, que se construirá na parcela 27033A096003360000FW na zona de policía dun rego innominado.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do Portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, 15008 A Coruña. Para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 18 25 30.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas.

A Coruña, 30 de xuño de 2025

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte