DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 22 de outubro de 2025 Páx. 54983

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 7 de outubro de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Castro de Rei (expediente IN407A 2023/199 ATE).

Con data do 16 de xuño de 2025 o Departamento Territorial de Lugo ditou resolución de autorizacións administrativas previa e de construción, e recoñecemento, en concreto, da utilidade pública da instalación eléctrica denominada SE Ludrio: nova LSAT 20 kV SC a OCR A. Rozas, no concello de Castro de Rei.

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

De acordo co anterior, este departamento territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar todas as persoas afectadas coas cales non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como anexo a este acordo e que se expón tamén no taboleiro de anuncios do Concello de Castro de Rei, deducida da que se someteu a información pública no diario El Progreso do 22 de marzo de 2024 e no Diario Oficial de Galicia do 26 de marzo de 2024, para que comparezan os días 12 e 13 de xaneiro de 2026 no Concello de Castro de Rei, sinalado como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.

Desta convocatoria darase traslado ás persoas interesadas mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalarán o día e a hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do Concello de Castro de Rei estará exposta a data do levantamento das actas. Todas as persoas interesadas, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por unha persoa debidamente autorizada, e achegar os documentos acreditativos da súa titularidade, podéndose acompañar dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).

Así mesmo, advírteselles a todas as persoas interesadas que poderán formular alegacións por escrito neste departamento territorial (rolda da Muralla, 70, Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase, igualmente, para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os/as titulares dos predios propostos sexan descoñecidos/as, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar (sen prexuízo da correspondente publicación no BOE), e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 7 de outubro de 2025

Gustavo J. Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO


predio

Pol.

Parc.

Lugar

Cultivo

Titular proposto

Data actas

Hora

1

15

179

Campelo

Prado

Darío Trigo Garces

12.1.2026

10.00

María del Pilar Trigo García

José Trigo García

María del Carmen Santiso Trigo

José Santiso Trigo

Anne Evelyne Marie Trigo Epouse Brotto

Marie Therese Trigo Nadine

Juan Carlos Trigo Veiga

Isabel Trigo Veiga

Luis Trigo Veiga

María Carmen Trigo Veiga

2

15

180

Manxar

Prado

María Buide Abelaira

12.1.2026

11.00

Antonio López Buide

3

15

181

Campelo

Prado

Julio Antonio Santiso Carballosa

12.1.2026

11.40

11

15

108

Meiletes

Prado

4

15

182

Campelo

Prado

Antonio Novo López

12.1.2026

12.15

13

15

104

Meiletes

Prado

16

15

16

Leiro de Savedra

Prado

5

15

121

Meilete

Monte baixo

Manuel María Ramos Abelleira

12.1.2026

12.40

6

15

120

Meilete

Prado

Herminia Paredes Díaz

12.1.2026

13.00

Hros. de Manuel Paredes Díaz

Hros. de José Paredes Díaz

Hros. de María Áurea Paredes Díaz

María Manuela Paredes Novo

María Jesús Paredes Novo

María Josefa Paredes Castro

7

15

185

Campelo

Prado

Jorge Iglesias Magide

13.1.2026

10.00

José María Iglesias Magide

8

15

186

Prado do Maestro

Prado

Antonio López Fernández

13.1.2026

10.45

14

15

100

Prado de Baixo

Prado

Antonio López Fernández

13.1.2026

11.00

José López Fernández

Carmen López Fernández

9

15

102

Meilete

Prado

Hros. de José Otero Fernández

13.1.2026

11.15

10

15

103

Leiro Meilete

Prado

Silvestre Novo Río

13.1.2026

11.30

15

15

109

As Hortas

Prado

José Manuel Fernández Táboas

13.1.2026

11.45