DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 23 de outubro de 2025 Páx. 55147

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANUNCIO do 8 de outubro de 2025, do Servizo de Consumo de Pontevedra, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 36S002/112/2025.

De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e no artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, logo de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015 sen que esta se puidese efectuar, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo director territorial do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

A comparecencia deberá efectuarse, con cita previa, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante a Unidade de Consumo de Vigo, con enderezo na Praza da Estrela, s/n, 36201 Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 8 de outubro de 2025

Alfonso Diéguez García
Xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra

ANEXO

Expediente sancionador: 36S002/112/2025.

Persoa interesada: Alvamar Decoración, C.B.

CIF/NIF: E86388923.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.