DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 23 de outubro de 2025 Páx. 55072

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2025, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala de xerocultor/a, convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 20, do 29 de xaneiro), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o día 10 de outubro de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de marzo de 2025 (DOG núm. 54, do 19 de marzo), para cualificar este proceso selectivo, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Declarar exentas de realizar o segundo exercicio da fase de oposición do proceso selectivo a todas as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio, por teren acreditado o nivel de coñecemento da lingua galega requirido neste proceso selectivo ante a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, de acordo co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria.

Segundo. Publicar a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa de protección de datos de carácter persoal).

A relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo publícase no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base.

Terceiro. Elevar esta relación á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Cuarto. De acordo co disposto na base II.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2025

María Carmen Recarey Rey
Presidenta do tribunal

ANEXO

Relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo

Posición

NIF

Apelidos e nome

Quenda

Puntuación

1

***1021**

Pérez Regueiro, María Encarnación

Base I.1.1

70,48

2

***3605**

Seijas Rodríguez, Mónica

L

68,75

3

***9907**

López Ramonde, Noelia

L

64,58

4

***8795**

López Pardo, Cristina

L

64,23

5

***4581**

Rocha García, María

L

63,19

6

***9684**

Fernández Meitin, Cristina

L

62,67

7

***5714**

Sanmartín del Río, Rebeca

L

61,80

8

***1635**

Suárez Suárez, María Mercedes

L

61,11

9

***7162**

González Ataide, Ximena Mariel

L

60,06

10

***1932**

González Garrido, Ana Belén

L

58,85

11

***9879**

Sánchez López, Lorena

L

58,85

12

***2670**

López Zolle, María Trinidad

L

58,33

13

***0695**

Cernadas Pires, Rafael

Base I.1.1

50,86