DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 23 de outubro de 2025 Páx. 55081

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 3 de outubro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se lles notifica ás persoas solicitantes do dereito de asistencia xurídica gratuíta o requirimento de documentación acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Ourense no expediente PR204A 2025/3098-3 e once máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles, ás persoas que se relacionan no anexo, o requirimento de documentación acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Ourense ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de editos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro do requirimento que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición da/s persoa/s interesada/s na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Ourense (avenida de La Habana, núm. 79, 1º, 32004 Ourense).

O requirimento suspende o prazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta polo tempo que medie entre aquel e o seu efectivo cumprimento por parte da persoa destinataria ou, de non cumprilo, polo transcurso do prazo recollido no requirimento para cumprilo.

O prazo de que dispón a persoa solicitante do dereito para achegar a documentación requirida é de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no taboleiro de editos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a Comisión ditará a resolución que poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito por non xustificar o solicitante, como é a súa obriga, que reúne os requisitos previsto na lei.

Ourense, 3 de outubro de 2025

Beatriz Fernández Fernández
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente

DNI/equivalente

PR204A 2025/3098-3

X2776344Z

PR204A 2025/3317-3

Z1549786M

PR204A 2025/3336-3

44843784V

PR204A 2025/3514-3

45140135J

PR204A 2025/3524-3

44488299C

PR204A 2025/3577-3

34948130K

PR204A 2025/3587-3

34986939Y

PR204A 2025/3662-3

X9822102K

PR204A 2025/3743-3

34948130K

PR204A 2025/4174-3

34948130K

PR204A 2025/4181-3

34948130K

PR204A 2025/4234-3

34948130K