Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración á persoa que figura como expropiada no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Nova LMTS, CT e conexión con RBT en Colúns, no concello de Mazaricos (expediente IN407A 2023/194-1), correspondente ao predio e á titularidade que se sinala no anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 8 de outubro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/194-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Nova LMTS, CT e conexión con RBT en Colúns.
Concello: Mazaricos.
|
Predio |
Lugar |
Referencia catastral |
Titularidade proposta |
Data de ocupación |
|
1 |
Ponte |
Parcela: 36 Polígono: 506 |
Descoñecida |
24.10.2025 |
