Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante o presente anuncio notifícaselle á persoa sinalada no cadro anexo a Resolución deste departamento territorial, do 2 de setembro de 2025, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A.
A citada resolución corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominada Regulamentación LMT TA2-803 apoio 9SF44VVD//D49 no concello de Brión (expediente IN407A 2024/237-1).
O texto íntegro da resolución que se anuncia está á disposición da persoa interesada na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A persoa interesads disporá dun prazo de dez días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitaren a remisión da resolución ao enderezo que sinale.
Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.
A Coruña, 26 de setembro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Brión
|
Nº parcela |
Lugar e referencia catastral |
Cultivo |
Propietario/a |
Afección de solo en pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
||||
|
Apoio nº |
m2 |
ml aér. |
ml sot. |
m2 aér. |
m2 sot. |
||||
|
1 |
Prado de Arriba Ref.catastral: 15013A014002270000UJ |
Rústico/Agrario |
Descoñecido/a |
Apoio D49 |
2.0 |
||||
Abreviacións:
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.
m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.
m2 sot.: superficie de servidume soterrada.
