DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 23 de outubro de 2025 Páx. 55120

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 30 de setembro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ribeira (expediente IN407A 2022/220-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante o presente anuncio notifícaselle a persoa interesada sinalada no cadro anexo a Resolución deste departamento, do 1 de setembro de 2025, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A.

A citada resolución corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominada Modificado 2 do proxecto para regulamentación LAMT PMR814 Corrubedo 14 entre os apoios 9DVTLOKK//44-30 e 9DXQP7WL//44-33, no concello de Ribeira (expediente IN407A 2022/220-1).

O texto íntegro da resolución que se anuncia está á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A persoa interesada disporá dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitaren a remisión da resolución ao enderezo que sinale.

Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun (1) mes contado a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.

A Coruña, 30 de setembro de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Modificado do proxecto para regulamentación LAMT PMR814 Corrubedo 14 entre apoios 9DVTLOKK//44-30 e 9DXQP7WL//44-33.

Concello de Ribeira.

Nº de parcela

Lugar e referencia catastral

Cultivo

Propietario/a

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº

m2

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

2

Saamil ref. catastral: polígono: 51,

parcela: 244

Rústico. Agrario. Pastos

Descoñecido

9DWXRA59

2.0