En cumprimento do previsto no artigo 248 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertedura:
Solicitante: Valta Enerxía, S.L.
NIF: B-94045531.
Expediente: DH.V36.111337.
Lugar: N-525, p.q. 296,200.
Parroquia: Bendoiro.
Concello: Lalín.
– Tipo de vertedura 1: augas residuais industriais depuradas.
Caudal máximo anual 1: 949,27 m3/ano.
Punto de vertedura 1: X=568.125; Y=4.725.957.
Medio receptor 1: infiltración no terreo (cunca do río Ulla).
Tratamento/evacuación 1:
As augas residuais industriais procedentes da zona de descarga e da ponte de lavado trátanse nun decantador seguido dun separador de hidrocarburos de 3 l/s de capacidade, antes da súa vertedura por infiltración no terreo mediante pozo filtrante.
– Tipo de vertedura 2: augas residuais industriais depuradas.
Caudal máximo anual 2: 773,8 m3/ano.
Punto de vertedura 2: X=568.125; Y=4.725.957.
Medio receptor 2: infiltración no terreo (cunca do río Ulla).
Tratamento/evacuación 2:
As augas residuais industriais procedentes da zona de subministración e das cabinas de lavado trátanse nun decantador seguido dun separador de hidrocarburos de 6 l/s de capacidade, antes da súa vertedura por infiltración no terreo mediante pozo filtrante.
– Tipo de vertedura 3: augas residuais fecais depuradas.
Caudal máximo anual 3: 547,5 m3/ano.
Punto de vertedura 3: X=568.105; Y=4.725.924.
Medio receptor 3: infiltración no terreo (cunca do río Ulla).
Tratamento/evacuación 3:
As augas residuais fecais procedentes dos aseos da tenda, logo pasar por un separador de graxas, trátanse nun sistema de depuración deseñado para 40 habitantes equivalentes constituído por arqueta de desbaste, decantador primario, reactor biolóxico e clarificador secundario, antes da súa vertedura por infiltración no terreo mediante pozo filtrante.
O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2025
Leticia Valladares López
Xefa da Área de Verteduras
