DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 23 de outubro de 2025 Páx. 55151

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

ANUNCIO do 21 de outubro de 2025 polo que se dá publicidade no taboleiro electrónico desta universidade á Resolución do 20 de outubro de 2025 pola que se executa o Acordo do 16 de decembro de 2024, de execución da sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo no procedemento abreviado 137/2023, e se ofertan os postos con carácter definitivo.

Acórdase dar publicidade, no taboleiro electrónico da Universidade de Vigo https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-index.xhtml, á Resolución reitoral do 20 de outubro de 2025 pola que se executa o Acordo do 16 de decembro de 2024 de execución de sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo no procedemento abreviado 137/2023, á Resolución reitoral do 20 de maio de 2025 de recoñecemento a Mª Henar Quintas Salgado ao desempeño dun posto de nivel de complemento de destino con efectos do 7 de decembro de 2020, e se ofertan os postos para que as persoas interesadas nos citados procedementos os elixan con carácter definitivo.

Vigo, 21 de outubro de 2025

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo