DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 24 de outubro de 2025 Páx. 55252

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 9 de outubro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Outeiro da Fontiña, no concello de Cartelle.

O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, na sesión do 7 de xullo de 2025, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relacionan:

Nome do monte: Outeiro da Fontiña.

Superficie: 1,29 ha.

Pertenza: CMVMC de Santa Cateliña.

Parroquia: O Mundil (Santa María).

Concello: Cartelle.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Predio único:

Os terreos incluídos neste predio constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, aínda que están atravesados polo camiño correspondente á parcela coa R.C. 32021A05409001.

Parcelas obxecto de clasificación*

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Estremas

Referencia catastral

32021A05400178 (parte)

32021A05400179 (parte)

32021A05400180 (parte)

32021A05400181 (parte)

32021A05400191 (parte)

32021A05400192 (parte)

Norte

32021A05400178 (resto)

32021A05409001 (resto)

32021A05500387 (parte)

32021A05500386 (parte)

32021A05500385 (parte)

32021A05502212 (resto)

32021A05400555 (parte)

32021A05409001 (parte)

32021A05500385 (parte)

32021A05500386 (parte)

32021A05500387 (parte)

32021A05500615 (parte)

32021A05500616 (parte)

32021A05502212 (parte)

Leste

32021A05409001 (resto)

32021A05500614

32021A05500613

32021A05500615 (parte)

32021A05500616 (parte)

32021A05400178 (resto)

Sur

32021A05400178 (resto)

32021A05400460

32021A05400192 (resto)

32021A05400191 (resto)

32021A05400555 (resto)

32021A05400181 (resto)

Oeste

32021A05400180 (resto)

32021A05400179 (resto)

32021A05400178 (resto)

*A relación de parcelas integrantes do predio correspóndese con parte do predio núm. 44 da ZCP de Mundil.

O que se pon en coñecemento de todas as persoas interesadas indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que consideren convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 9 de outubro de 2025

José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Ourense