DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 24 de outubro de 2025 Páx. 55211

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2025, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade educación infantil, convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 20, do 29 de xaneiro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Logo das sesións do 30 de setembro de 2025 e do 1 de outubro de 2025, este tribunal nomeado pola Resolución do 30 de xaneiro de 2025 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade educación infantil (DOG núm. 22, do 3 de febreiro),

ACORDOU:

Primeiro. De acordo co previsto na base II.1.1.2 da convocatoria, o segundo exercicio do proceso selectivo valórase como apto ou non apto e será necesario para superalo obter o resultado de apto. Corresponde a este tribunal determinar o coñecemento da lingua galega de acordo co nivel do Celga 4 requirido no proceso selectivo.

Este segundo exercicio de galego do proceso selectivo realizouse o 17 de setembro de 2025.

Segundo. Publicar as valoracións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio de galego do proceso selectivo, para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade educación infantil.

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, publicar no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica as valoracións do segundo exercicio de galego do proceso selectivo.

As persoas aspirantes poderán formular as alegacións que consideren oportunas a estas valoracións, a través da aplicación Fides (https://fides.xunta.gal), no prazo de dez (10) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación no DOG da resolución do tribunal pola que se fan públicos os resultados do exercicio.

Cuarto. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2025

Manuel Lage Cobas
Presidente do tribunal