DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 24 de outubro de 2025 Páx. 55226

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 6 de outubro de 2025, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos BS650A e BS650G.

Ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a este departamento territorial, tentada a notificación das resolucións ditadas nos procedementos no último domicilio coñecido das persoas que se citan nos anexos sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícanselles mediante anuncio os referidos actos administrativos ás ditas persoas, que son emprazadas para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, comparezan en persoa ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración do Departamento Territorial de Vigo da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Concepción Arenal, número 8, 1º andar, das 9.00 horas ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñeceren o texto íntegro das ditas resolucións e advertíndolles que, de non o faceren así, se considerarán efectuadas as notificacións no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social, ante este departamento territorial, no prazo de trinta (30) días contados desde o día seguinte ao da data da súa notificación efectuada por comparecencia, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Vigo, 6 de outubro de 2025

María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo

ANEXO I
Procedemento BS650A

Núm. expte.

DNI/NIE/pasaporte ou similar da persoa interesada

Resolución e data

36/00126-I/24

45821809J

Suspensión 26.8.2025

36//00572-I/24

36125916T

Denegación 22.9.2025

36/00330-I/25

35318677S

Denegación 17.9.2025

ANEXO II
Procedemento BS650G

Núm. expte.

DNI/NIE/pasaporte ou similar da persoa interesada

Resolución e data

36/00962-X/05

35904349S

Suspensión 27.8.2025

36/00740-X/15

54468377F

Suspensión 27.8.2025

36/00512-X/18

35418716G

Suspensión 27.8.2025

36/00331-X/20

36009855C

Suspensión 19.8.2025

36/00552-X/22

77401260G

Suspensión 19.8.2025