DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 27 de outubro de 2025 Páx. 55531

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 10 de outubro de 2025, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se notifica o intento de mutuo acordo ao non poder efectuarse as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra de acondicionamento da AC-421 na Agualada, no concello de Coristanco (clave AC/23/091.10).

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, resultando infrutuosos os intentos de notificación e/ou descoñecido o domicilio dos titulares, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o intento de mutuo acordo efectuado no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra de acondicionamento da AC-421 na Agualada, clave AC/23/091.10, no concello de Coristanco.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas oficinas da sede do Servizo Provincial da Coruña da AXI sita na rúa Vicente Ferrer, 2, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do intento de mutuo acordo e constancia de tal coñecemento. Transcorrido o dito prazo de dez días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A Coruña, 10 de outubro de 2025

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Clave de obra

Predio

Referencia catastral

Persoa interesada

AC/23/091.10

4

15052A02300098

32244291Q

AC/23/091.10

10

15052A02300100

32244398P