DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 27 de outubro de 2025 Páx. 55496

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 9 de outubro de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifica ao solicitante do dereito de asistencia xurídica gratuíta as resolucións acordadas pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo no expediente PR204A 2025/2638-2.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícanselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición da persoa interesada na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A resolución poderá ser impugnada pola persoa que teña un dereito ou un interese lexítimo no prazo de dez (10) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Lugo, 9 de outubro de 2025

Francisco Javier Vázquez Nodal
Director territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Solicitante notificado sen DNI

Resolución

PR204A 2025/2638-2

Jhanpieer Arboleda Ortega

Estimatoria