De conformidade co artigo 8.1.b) da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade da encomenda de xestión da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional á Fundación Semana Verde de Galicia, coas seguintes características:
• Resolución do 17 de outubro de 2025, da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, pola que se encarga á Fundación Semana Verde de Galicia o desenvolvemento do VIII Campionato Galego de Formación Profesional, Galiciaskills 2025.
• Actividade: apoio nos labores de organización, montaxe, loxística e servizos xerais do VIII Campionato galego de formación profesional, Galiciaskills 2025, de conformidade cos requirimentos técnicos que se detallan na devandita resolución, relativos ás obrigas da Fundación, ás directrices de execución e ao cronograma das actividades que se van desenvolver.
• Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Semana Verde de Galicia a consideración de medio propio instrumental da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
• Prazo de vixencia: a vixencia desta encomenda rematará cando a súa actuación estea totalmente finalizada e debidamente acreditada pola Fundación Semana Verde de Galicia ante a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, en todo caso, o 30 de outubro de 2025, data de finalización do VIII Campionato Galego de Formación Profesional.
• Orzamento: 404.918,07 euros (IVE do 21 % incluído).
• Financiamento: tramítase con cargo á aplicación orzamentaria 07.04.422M.640.12 dos orzamentos da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para o ano 2025.
Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2025
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
P.D. (Orde do 5.6.2024)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación,
Ciencia, Universidades e Formación Profesional
