Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar …», mediante o presente anuncio comunícase a todas as persoas interesadas nos pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Ampliación de potencia CTI Portela e substitución do apoio, que se realizarán na Casa do Concello das Neves, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e amosarán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Vigo, 10 de outubro de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/168-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Ampliación de potencia CTI Portela e substitución de apoio.
Concello: As Neves.
| Predio | Referencia catastral | Lugar | Titular | Data | Hora | 
| 1 | 36034A123001610000WW | Veiga da Fonte | Descoñecido | 13 de novembro de 2025 | 13.00 | 

