DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 28 de outubro de 2025 Páx. 56060

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 13 de outubro de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 7 de outubro de 2025, de autorización de cambio de actividade de forestal a agrícola de varias parcelas no concello de Guitiriz (Lugo).

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, modificada pola Lei 9/2018, do 5 de decembro (BOE do 6 de decembro), faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.b) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, o Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 7 de outubro de 2025, o cambio de actividade de forestal a agrícola das parcelas 123, 124, 125, 126 e 127 do polígono 141 e parcela 33 do polígono 142 do termo municipal de Guitiriz (Lugo).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 30 de setembro de 2025.

Lugo, 13 de outubro de 2025

María Olga Iglesias Fontal
Directora territorial de Lugo