DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 28 de outubro de 2025 Páx. 56025

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 17 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, polo que se acorda someter a información pública o proxecto de decreto polo que se aproba o Catálogo de bens de valor cultural no litoral de Galicia.

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático está tramitando o proxecto de decreto polo que se aproba o Catálogo de bens de valor cultural no litoral de Galicia.

De conformidade coa disposición adicional sexta da Lei 4/2023, do 6 de xullo, de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia, no procedemento de aprobación do catálogo abrirase un trámite de información pública para que as persoas interesadas poidan formular as alegacións que xulguen pertinentes.

Considerando o exposto e o establecido na normativa vixente,

ACORDO:

Primeiro. Someter a información pública o proxecto de decreto polo que se aproba o Catálogo de bens de valor cultural do litoral de Galicia durante o prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. O texto do proxecto de decreto e o catálogo poderán consultarse no Portal de transparencia da Xunta de Galicia: Normativa en tramitación-En prazo de envío de suxestións-Portal transparencia (xunta.gal)

https://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/en-prazo-de-envio-de-suxestions

Terceiro. As persoas interesadas poden facer as suxestións que consideren oportunas a través da seguinte ligazón do Portal de transparencia da Xunta de Galicia

https://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/en-prazo-de-envio-de-suxestions

Así mesmo, as persoas físicas poderán presentar as súas suxestións a través dun escrito en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dirixido á Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2025

Paula Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático