De conformidade coa oferta de emprego público (OEP) de persoal docente e investigador para o ano 2025, aprobada pola Resolución do 2 de xuño de 2025 (DOG do 10 de xuño), e despois do Acordo do Consello de Goberno desta universidade, do 30 de setembro de 2025, esta reitoría, no exercicio das competencias que lle atribúe o artigo 36 dos estatutos da Universidade da Coruña, resolve convocar os concursos de acceso das prazas que se relacionan no anexo I desta resolución, de acordo coas seguintes bases:
1. Normativa aplicable.
O procedemento de selección rexerase:
a) Pola Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (LOSU).
b) Polo Real decreto 678/2023, do 18 de xullo, polo que se regula a acreditación estatal para o acceso aos corpos docentes universitarios e o réxime dos concursos de acceso a prazas dos ditos corpos.
c) Pola normativa para a selección de persoal docente e investigador aprobada polo Consello de Goberno da Universidade da Coruña (UDC) o 7 de novembro de 2024.
d) Polas instrucións de actuación telemática das comisións de selección publicadas no taboleiro electrónico oficial (TEO) o 31 de outubro de 2024.
e) Polas demais disposicións legais vixentes aplicables.
2. Requisitos dos/das aspirantes.
Os/as candidatos/as deberán cumprir os seguintes requisitos no último día do prazo de presentación de solicitudes.
2.1. Requisitos xerais.
a) Ter nacionalidade española ou outra que permita o acceso ao emprego público, de acordo co disposto no artigo 52 da Lei 2/1015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
b) Estar en posesión da titulación exixida.
c) Non ter sido despedido mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin acharse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa fose separada ou inhabilitada.
No caso de nacionais doutros Estados, non estar inhabilitado ou en situación equivalente, nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores.
d) Cumprir os requisitos mínimos e máximos de idade legalmente establecidos para o acceso á Administración pública.
e) Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.
f) Ter aboado as taxas por dereitos de exame dentro do prazo de presentación de solicitudes.
O requisito e) deberá ser acreditado no acto de toma de posesión.
2.2. Requisitos específicos.
a) Posuír o título de doutor/a.
No caso de títulos obtidos no estranxeiro, deberá estar en posesión da correspondente declaración de equivalencia ao nivel académico de doutora ou doutor, tal como establece a disposición adicional segunda do Real decreto 889/2022, do 18 de outubro, polo que se establecen as condicións e os procedementos de homologación, de declaración de equivalencia e de validación de ensinanzas universitarias de sistemas educativos estranxeiros e polo que se regula o procedemento para establecer a correspondencia ao nivel de MECES dos títulos universitarios oficiais pertencentes a ordenacións académicas anteriores.
b) Contar co certificado de acreditación para o acceso ao corpo de catedráticos/as de universidade, emitido pola Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANACA), ou ben estar habilitado/a para o corpo de catedráticos/as de universidade conforme o establecido no Real decreto 774/2002, do 26 de xullo.
c) Ter prestado dous anos de servizos efectivos no posto de orixe como profesor/a titular de universidade ou como catedrático/a de escola universitaria.
3. Presentación de solicitudes.
3.1. Prazo e forma de presentación.
As solicitudes deberán presentarse a través da sede electrónica da UDC (https://sede.udc.gal/), na sección de Trámites de xestión académica, utilizando o modelo oficial adxunto no anexo II, xunto co resto da documentación na forma que se indica no anexo III.
O prazo para a presentación de solicitudes será de dez días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE). Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, tal como establece o artigo 30.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
3.2. Documentación requirida.
a) Copia do documento nacional de identidade (DNI) ou equivalente en vigor.
As persoas que se atopen nalgún dos supostos recollidos nas letras c) e d) do punto 1 do artigo 52 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, deberán presentar, ademais, os documentos acreditativos do vínculo de parentesco e, de ser o caso, do feito de vivir a expensas ou estar a cargo dun nacional dun Estado membro da Unión Europea. A acreditación realizarase por medio de certificados expedidos polas autoridades competentes do seu país de orixe, traducidos a algunha das linguas oficiais da UDC.
b) Copia do certificado de acreditación ou de habilitación para o acceso ao corpo de catedráticos/as de universidade.
c) Xustificante de pagamento na conta corrente IBAN ES76 0049 5030 1525 1601 1262, concursos-oposicións; Banco Santander, S.A., da cantidade de 44,17 euros por cada praza a que se concurse, dentro do prazo de presentación de solicitudes, e facendo constar como concepto a referencia do número da praza a que se opta.
En ningún caso o pagamento suporá a substitución do trámite de presentación da solicitude, en tempo e forma.
Exencións e bonificacións:
|
Condicións |
Exención/bonificación |
Documentación que hai que presentar coa solicitude |
|
Discapacidade igual ou superior ao 33 % |
Exención de pagamento |
Copia da cualificación do grao de discapacidade vixente |
|
Familia numerosa de categoría especial |
Exención de pagamento |
Copia do título de familia numerosa vixente |
|
Familia numerosa de categoría xeral |
Bonificación 50 % |
|
|
Demandantes de emprego desde, polo menos, seis meses anteriores á data de publicación desta convocatoria, e que non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego |
Bonificación 50 % |
Certificación da oficina dos servizos públicos de emprego |
A falta de pagamento dos dereitos de exame no prazo de presentación de solicitudes non é reparable e determinará a exclusión definitiva do concurso, agás que no prazo de emenda acredite realizar o pagamento dentro do prazo de presentación de solicitudes ou ter dereito á exención do citado pagamento.
Unicamente procederá a devolución dos dereitos de exame ás persoas aspirantes que sexan excluídas por causas non imputables a elas. Para tal efecto, a persoa interesada deberá presentar a correspondente solicitude.
4. Admisión de aspirantes.
Rematado o prazo de presentación de solicitudes, nos dez días hábiles seguintes, o Servizo de Persoal Docente e Investigador (PDI) publicará no taboleiro electrónico oficial (TEO) (https://sede.udc.gal/services/electronic_board) a resolución reitoral coa relación provisional de persoas admitidas e excluídas, e, se é o caso, as causas de exclusión.
As persoas excluídas, disporán dun prazo de dez días hábiles, a partir do día seguinte ao da publicación da referida relación, para corrixiren o defecto que motivou a exclusión ou presentaren alegacións contra a eventual omisión na relación, a través do Rexistro Electrónico da Universidade (https://sede.udc.gal/services/telematic_register).
Transcorrido este prazo, o reitor ditará resolución coa lista definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas, que se publicará no TEO, xunto coa composición da Comisión de Selección.
5. Procedemento de selección.
5.1. Comisións de selección.
As comisións estarán compostas por cinco membros titulares e cinco suplentes (anexo I), dos cales polo menos tres titulares e tres suplentes serán alleos á UDC. Os vogais serán elixidos por sorteo público a partir dunha lista cualificada de profesorado e persoal investigador, elaborada polo departamento correspondente.
Conforme o establecido no artigo 34.3 do Real decreto 678/2023, os currículos dos membros das comisións de acceso serán públicos e poderán ser consultados na páxina web da UDC (https://www.udc.es/gl/pdi/concursos/).
O acto de constitución realizarase nos trinta días hábiles seguintes ao da publicación da relación definitiva de aspirantes.
As comisións quedarán validamente constituídas coa presenza de todos os seus membros. Se algún dos membros titulares non pode asistir, será substituído polo correspondente suplente, garantindo o principio de composición paritaria entre mulleres e homes, agás que non sexa posible por razóns fundadas e obxectivas debidamente motivadas.
No acto de constitución, a Comisión de Selección establecerá os criterios de valoración, tendo en conta as directrices establecidas no anexo IV da Normativa pola que se regula o procedemento para a selección de Persoal Docente e Investigador (https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2024/008762). A Presidencia da Comisión de Selección enviaraos ao Servizo de PDI (servizo.pdi@udc.es) para a súa publicación no TEO.
Para a válida actuación das comisións requírese, polo menos, a asistencia de catro dos seus membros.
Os acordos das comisións serán motivados e adoptaranse por maioría. No caso de empate, decidirá o voto de calidade da Presidencia.
A participación dos membros alleos á UDC realizarase por defecto a través dos medios telemáticos institucionais. Os membros da UDC actuarán no centro ao que estea adscrito o departamento que solicite a praza ou, excepcionalmente, no centro da UDC do que formen parte a maioría dos membros da Comisión.
Os membros da Comisión de Selección terán dereito a percibir as indemnizacións establecidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.
5.2. Desenvolvemento do concurso.
5.2.1. O concurso consistirá na valoración dos méritos e o historial académico, docente, investigador, incluíndo o de transferencia e intercambio do coñecemento, de xestión e, se é o caso, sanitario-asistencial de cada persoa candidata.
5.2.2. Unha vez publicados os criterios de valoración, a Presidencia da Comisión realizará a convocatoria para o acto de presentación, cunha antelación mínima de sete días hábiles, que incluirá o lugar, a data e a hora de presentación. Para estes efectos a Presidencia da Comisión enviará esta convocatoria ao Servizo de PDI con antelación suficiente para a súa publicación no TEO.
No acto de presentación, que será público, as persoas candidatas entregaranlle á Presidencia da Comisión o currículo e a documentación acreditativa dos méritos en soporte electrónico (véxanse as indicacións en anexo IV). De non actuar presencialmente a persoa que ocupe a Presidencia, entregaráselle a quen ocupe a Secretaría ou a quen desempeñe as funcións de custodia da documentación.
A Comisión redactará a acta de valoración.
5.2.3. A Secretaría da Comisión garantirá que a documentación entregada polas persoas concursantes poida ser consultada antes do inicio das probas por todas as persoas candidatas que o desexen.
6. Resolución e reclamacións.
6.1. Publicación de resultados.
Unha vez realizadas as valoracións, a Comisión de Selección formulará a súa proposta de provisión, na cal figurará a persoa candidata ou candidatas seleccionadas por orde de puntuación.
Se a Comisión considera que ningunha das persoas candidatas reúne os méritos suficientes para desempeñar a praza obxecto do concurso, poderá propoñer a non provisión da praza, xustificando as causas que motivan tal proposta.
A proposta de provisión deberá publicarse no TEO no prazo máximo de trinta días hábiles desde a constitución da Comisión, xunto coa acta de cualificacións. Se por causa xustificada a Comisión non pode resolver no citado prazo, a Presidencia da Comisión poderá solicitarlle ao reitor un prazo adicional de quince días hábiles. De non cumprirse os prazos, nomearase unha nova Presidencia.
6.2. Documentación que deberá presentar a persoa proposta.
A persoa proposta, en primeiro lugar, deberá presentar no Servizo de PDI, no prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da publicación da proposta, a seguinte documentación:
a) Declaración xurada ou promesa de non ser separado de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin acharse inhabilitado para o exercicio das funcións docentes e asistenciais.
As persoas candidatas que non teñan a nacionalidade española deberán acreditar non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impidan, no seu Estado, o acceso á función pública, segundo o establecido na Lei 17/1993, do 23 de decembro (Boletín Oficial del Estado do 24 de decembro).
b) Certificado médico oficial ou informe de saúde de non padecer ningunha enfermidade nin defecto físico ou psíquico que a incapacite para o desempeño das funcións correspondentes a profesor/a de universidade.
c) Declaración xurada ou promesa de non incorrer en incompatibilidade segundo o establecido na Lei 53/1984, do 26 de setembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.
6.3. Prazo de reclamacións.
As persoas concursantes poderán presentar reclamacións razoadas nun prazo de cinco días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación dos resultados, a través do Rexistro Electrónico da UDC, dirixidas ao Servizo de PDI.
Transcorrido o prazo, e no suposto de non haber reclamacións contra a proposta, a Presidencia da Comisión remitirá todas as actuacións practicadas en formato electrónico, ao Servizo de PDI, para efectos de que o reitor dite a resolución do concurso, que se publicará no BOE, no DOG e no TEO.
No caso de que se presentase reclamación, a Comisión trasladará o expediente administrativo do concurso, acompañado dun informe razoado sobre esta, ao Servizo de PDI, no prazo máximo de cinco días hábiles, que o remitirá á Presidencia da Comisión de Reclamacións de prazas de profesorado dos corpos docentes universitarios. O nomeamento suspenderase ata que se dite resolución reitoral.
A Comisión de Reclamacións deberá formular a súa proposta razoada no prazo máximo de tres meses desde a recepción das actuacións ou do expediente administrativo do concurso. Para estes efectos, poderá solicitar os asesoramentos que considere oportunos. Despois de que transcorra o prazo anterior sen notificar a resolución, entenderase desestimada a reclamación presentada.
A Comisión de Reclamacións oirá os membros da Comisión contra cuxa proposta se presentase reclamación e as persoas candidatas que participasen nela, e examinará o expediente do concurso para velar polo cumprimento das garantías establecidas. Poderá ratificar ou non a proposta da Comisión de Selección.
7. Nomeamento.
O nomeamento como funcionario docente de carreira será efectuado polo reitor, despois de que a persoa proposta presentase os documentos exixidos no número 6.2 no prazo establecido. O nomeamento especificará a denominación da praza (corpo, área de coñecemento e departamento). Este nomeamento será publicado no BOE, no DOG, no TEO e comunicado ao Consello de Universidades.
No prazo máximo de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata proposta deberá tomar posesión da súa praza, momento en que adquirirá a condición de funcionario do corpo docente universitario do que se trate, cos dereitos e deberes que lle son propios.
8. Protección de datos de carácter persoal.
As persoas aspirantes aceptan a política de privacidade da UDC, recollida na páxina web da UDC (https://www.udc.es/es/pe/politica_privacidade/) e especificada no formulario de solicitude de participación no proceso selectivo.
9. Norma derradeira.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación. Con todo, e sen prexuízo de que se poida exercitar calquera outro que se considere procedente, pode optarse por interpoñer recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación. Nese caso non poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo anteriormente mencionado mentres non sexa resolto expresamente ou produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).
A Coruña, 16 de outubro de 2025
O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 10.7.2024)
María Teresa López Fernández
Vicerreitora de Profesorado
ANEXO I
Prazas convocadas
Número de concurso: 25/027.
Número de prazas: 1.
OEP: 2025.
Corpo: catedrático/a de universidade.
Modo de provisión: promoción interna.
Área de coñecemento: Dereito Mercantil.
Departamento: Dereito Privado.
Centro: Facultade de Dereito.
Comisión titular:
Presidente: Areán Lalín, Manuel, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.
Secretaria: Quintáns Eiras, María del Rocío, catedrática de universidade. Universidade da Coruña.
Vogal 1ª: Boldó Roda, Carmen, catedrática de universidade. Universitat Jaume I-Castellón.
Vogal 2ª: Boquera Matarredonda, Josefina, catedrática de universidade. Universidade de Valencia.
Vogal 3º: Miranda Serrano, Luis María, catedrático de universidade. Universidade de Córdoba.
Comisión suplente:
Presidente: García-Pita Lastres, José Luis, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.
Secretaria: Díaz Gómez, María de las Angustias, catedrática de universidade. Universidade de León.
Vogal 1ª: Fernández Pérez, Nuria, catedrática de universidade. Universidade de Alicante.
Vogal 2ª: Sánchez Ruiz, María de las Mercedes, catedrática de universidade. Universidade de Murcia.
Vogal 3º: Fernández Carballo-Calero, Pablo Ignacio, catedrático de universidade. Universidade de Vigo.
Número de concurso: 25/028.
Número de prazas: 1.
OEP: 2025.
Corpo: catedrático/a de universidade.
Modo de provisión: promoción interna.
Área de coñecemento: Dereito Administrativo.
Departamento: Dereito Público.
Centro: Facultade de Dereito.
Comisión titular:
Presidente: Sanz Larruga, Francisco Javier, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.
Secretaria: García Pérez, Marta María, catedrática de universidade. Universidade da Coruña.
Vogal 1ª: Torres López, María Asunción, catedrática de universidade. Universidade de Granada.
Vogal 2º: Arana García, Estanislao, catedrático de universidade. Universidade de Granada.
Vogal 3º: Alenza García, José Francisco, catedrático de universidade. Universidade Pública de Navarra.
Comisión suplente:
Presidente: Rodríguez Arana Muñoz, Jaime Francisco, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.
Secretaria: Franch Saguer, Marta, catedrática de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.
Vogal 1º: García-Álvarez García, Gerardo, catedrático de universidade. Universidade de Zaragoza.
Vogal 2º: Moreno Molina, José Antonio, catedrático de universidade. Universidade de Castilla-La Mancha.
Vogal 3ª: Nogueira López, María da Alba, catedrática de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.
Número de concurso: 25/029.
Número de prazas: 1.
OEP: 2025.
Corpo: catedrático/a de universidade.
Modo de provisión: promoción interna.
Área de coñecemento: Dereito Penal.
Departamento: Dereito Público.
Centro: Facultade de Dereito.
Comisión titular:
Presidenta: Faraldo Cabana, Patricia, catedrática de universidade. Universidade da Coruña.
Secretario: Brandariz García, José Ángel, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.
Vogal 1ª: Zúñiga Rodríguez, Laura, catedrática de universidade. Universidade de Salamanca.
Vogal 2º: Galán Muñoz, Alfonso, catedrático de universidade. Universidade Pablo de Olavide.
Vogal 3º: Díaz y García Conlledo, Miguel, catedrático de universidade. Universidade de León.
Comisión suplente:
Presidente: González Cussac, José Luis, catedrático de universidade. Universidade de Valencia.
Secretaria: Núñez Castaño, Elena, catedrática de universidade. Universidade de Sevilla.
Vogal 1º: Doval Pais, Antonio, catedrático de universidade. Universidade de Alicante.
Vogal 2º: Demetrio Crespo, Eduardo, catedrático de universidade. Universidade de Castilla-La Mancha.
Vogal 3ª: Guisasola Lerma, Cristina, catedrática de universidade. Universidade de Valencia.
Número de concurso: 25/030.
Número de prazas: 1.
OEP: 2025.
Corpo: catedrático/a de universidade.
Modo de provisión: promoción interna.
Área de coñecemento: Historia e Institucións Económicas.
Departamento: Economía.
Centro: Facultade de Economía e Empresa.
Comisión titular:
Presidente: Vidal Olivares, Javier, catedrático de universidade. Universidade de Alicante.
Secretaria: Sánchez Sánchez, Esther, catedrática de universidade. Universidade de Salamanca.
Vogal 1º: Manera Erbina, Carles Pau, catedrático de universidade. Universidade das Illas Baleares.
Vogal 2ª: Pons Brias, María Ángeles, catedrática de universidade. Universidade de Valencia.
Vogal 3ª: Puig Raposo, Nuria, catedrática de universidade. Universidade Complutense de Madrid.
Comisión suplente:
Presidente: Collantes Gutiérrez, Fernando, catedrático de universidade. Universidade de Oviedo.
Secretaria: Martínez Rodríguez, Susana, catedrática de universidade. Universidade de Murcia.
Vogal 1º: Ortúñez Goicolea, Pedro Pablo, catedrático de universidade. Universidade de Valladolid.
Vogal 2º: Matés Barco, Juan Manuel, catedrático de universidade. Universidade de Jaén.
Vogal 3ª: Fernández Pérez, Paloma, catedrática de universidade. Universidade de Barcelona.
Número de concurso: 25/031.
Número de prazas: 1.
OEP: 2025.
Corpo: catedrático/a de universidade.
Modo de provisión: promoción interna.
Área de coñecemento: Enxeñaría do Terreo.
Departamento: Enxeñaría Civil.
Centro: E.T.S. de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos.
Comisión titular:
Presidente: Samper Calvete, Francisco Javier, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.
Secretario: Juncosa Rivera, Ricardo Antonio, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.
Vogal 1º: Jiménez Rodríguez, Rafael, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.
Vogal 2º: Sanz Pérez, Eugenio Santos, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.
Vogal 3º: Morales Esteban, Antonio, catedrático de universidade. Universidade de Sevilla.
Comisión suplente:
Presidente: Navarro Gamir, Vicente, catedrático de universidade. Universidade de Castilla-La Mancha.
Secretario: Delgado Martín, Jorge José, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.
Vogal 1º: Olivella Pastalle, Sebastián, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.
Vogal 2º: Ledesma Villalba, Alberto, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.
Vogal 3º: Durand Neyra, Percy, catedrático de universidade. Universidade de Sevilla.
Número de concurso: 25/032.
Número de prazas: 1.
OEP: 2025.
Corpo: catedrático/a de universidade.
Modo de provisión: promoción interna.
Área de coñecemento: Enxeñaría e Infraestrutura dos Transportes.
Departamento: Enxeñaría Civil.
Centro: E.T.S. de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos.
Comisión titular:
Presidente: Gallego Medina, Juan, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.
Secretario: Rodríguez Bugarín, Miguel Domingo, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.
Vogal 1º: Castillo Granados, José María del, catedrático de universidade. Universidade de Sevilla.
Vogal 2ª: Guirao Abad, Begoña, catedrática de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.
Vogal 3ª: Castro Malpica, María, catedrática de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.
Comisión suplente:
Presidente: Val Melús, Miguel Ángel del, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.
Secretario: Oña López, Juan José de, catedrático de universidade. Universidade de Granada.
Vogal 1º: Larrode Pellicer, Emilio, catedrático de universidade. Universidade de Zaragoza.
Vogal 2º: García Benítez, Francisco, catedrático de universidade. Universidade de Sevilla.
Vogal 3º: Insa Franco, Ricardo, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Valencia.
Número de concurso: 25/033.
Número de prazas: 1.
OEP: 2025.
Corpo: catedrático/a de universidade.
Modo de provisión: promoción interna.
Área de coñecemento: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores.
Departamento: Enxeñaría de Computadores.
Centro: Facultade de Informática.
Comisión titular:
Presidente: Fernández Rivera, Francisco Manuel, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.
Secretaria: Blanco Heras, Dora, catedrática de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.
Vogal 1º: Romero Gómez, Luis Felipe, catedrático de universidade. Universidade de Málaga.
Vogal 2ª: Caminero Herráez, María Blanca, catedrática de universidade. Universidade de Castilla-La Mancha.
Vogal 3ª: Martín Garzón, Gracia Ester, catedrática de universidade. Universidade de Almería.
Comisión suplente:
Presidente: Llanos Ferraris, Diego Rafael, catedrático de universidade. Universidade de Valladolid.
Secretaria: Gil Montoya, Consolación, catedrática de universidade. Universidade de Almería.
Vogal 1ª: López Redondo, Juana, catedrática de universidade. Universidade de Almería.
Vogal 2ª: Cortés Fite, Ana, catedrática de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.
Vogal 3º: Pichel Campos, Juan Carlos, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.
Número de concurso: 25/034.
Número de prazas: 1.
OEP: 2025.
Corpo: catedrático/a de universidade.
Modo de provisión: promoción interna.
Área de coñecemento: Tecnoloxía Electrónica e Teoría do Sinal e Comunicacións.
Departamento: Enxeñaría de Computadores.
Centro: Facultade de Informática.
Comisión titular:
Presidente: Sánchez Reíllo, Raúl, catedrático de universidade. Universidade Carlos III de Madrid.
Secretaria: Rajo Iglesias, Eva, catedrática de universidade. Universidade Carlos III de Madrid.
Vogal 1ª: Barco Moreno, Raquel, catedrática de universidade. Universidade de Málaga.
Vogal 2ª: Goméz González, Isabel María, catedrática de universidade. Universidade de Sevilla.
Vogal 3º: Marrero Callicó, Gustavo, catedrático de universidade. Universidade das Palmas de Gran Canaria.
Comisión suplente:
Presidente: Millet Roig, José, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Valencia.
Secretaria: García Armada, Ana, catedrática de universidade. Universidade Carlos III de Madrid.
Vogal 1º: Ribas Bueno, Javier, catedrático de universidade. Universidade de Oviedo.
Vogal 2º: Torralba Silgado, Antonio Jesús, catedrático de universidade. Universidade de Sevilla.
Vogal 3ª: Romero Herrero, Beatriz, catedrática de universidade. Universidade Rey Juan Carlos.
Número de concurso: 25/035.
Número de prazas: 1.
OEP: 2025.
Corpo: catedrático/a de universidade.
Modo de provisión: promoción interna.
Área de coñecemento: Construccións Navais.
Departamento: Enxeñaría Naval e Industrial.
Centro: Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol.
Comisión titular:
Presidenta: Leo Mena, Teresa de Jesús, catedrática de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.
Secretario: García Espinosa, Julio, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.
Vogal 1º: González Gutiérrez, Leo Miguel, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.
Vogal 2º: Pérez Arribas, Francisco Lázaro, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.
Vogal 3º: Llera Sastresa, Eva María, catedrática de universidade. Universidade de Zaragoza.
Comisión suplente:
Presidente: González Rodríguez, Rubén, catedrático de universidade. Universidade de Oviedo.
Secretario: Souto Iglesias, Antonio, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.
Vogal 1º: Giménez Fernández, Antonio, catedrático de universidade. Universidade de Almería.
Vogal 2ª: Sanchís Sánchez, María Jesús, catedrática de universidade. Universidade Politécnica de Valencia.
Vogal 3ª: Vallés Lluch, Ana, catedrática de universidade. Universidade Politécnica de Valencia.
Número de concurso: 25/036.
Número de prazas: 1.
OEP: 2025.
Corpo: catedrático/a de universidade.
Modo de provisión: promoción interna.
Área de coñecemento: Enxeñaría Mecánica.
Departamento: Enxeñaría Naval e Industrial.
Centro: Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol.
Comisión titular:
Presidente: Yáñez Casal, Armando José, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.
Secretario: Nicolás Costa, Ginés, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.
Vogal 1ª: Reina Romo, María Esther, catedrática de universidade. Universidade de Sevilla.
Vogal 2º: Hernández Frías, Alfonso, catedrático de universidade. Universidade do País Vasco.
Vogal 3ª: López Boada, María Jesús, catedrática de universidade. Universidade Carlos III de Madrid.
Comisión suplente:
Presidente: Ramil Rego, Alberto, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.
Secretario: Altuzarra Maestre, Óscar, catedrático de universidade. Universidade do País Vasco.
Vogal 1º: Fernández del Rincón, Alfonso, catedrático de universidade. Universidade de Cantabria.
Vogal 2ª: Miguélez Garrido, María Henar, catedrática de universidade. Universidade Carlos III de Madrid.
Vogal 3ª: Castejón Sisamón, Cristina, catedrática de universidade. Universidade Carlos III de Madrid.
Número de concurso: 25/037.
Número de prazas: 1.
OEP: 2025.
Corpo: catedrático/a de universidade.
Modo de provisión: promoción interna.
Área de coñecemento: Radioloxía e Medicina Física.
Departamento: Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas.
Centro: Facultade de Ciencias da Saúde.
Comisión titular:
Presidente: Alcaraz Baños, Miguel, catedrático de universidade. Universidade de Murcia.
Secretario: Blanco García, Francisco Javier, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.
Vogal 1º: Maraver Eyzaguirre, Francisco de Paula, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.
Vogal 2ª: Ayuso Colella, María Carmen, catedrática de universidade. Universidade de Barcelona.
Vogal 3ª: Fernández Cabrera, Mariana Fátima, catedrática de universidade. Universidade de Granada.
Comisión suplente:
Presidenta: Couce Pico, María Luz, catedrática de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.
Secretario: Millán Calenti, José Carlos Jesús, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.
Vogal 1º: Sainz Fernández, Carlos, catedrático de universidade. Universidade de Cantabria.
Vogal 2º: Muñoz González, Alberto Lucas, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.
Vogal 3ª: Núñez Torres, María Isabel, catedrática de universidade. Universidade de Granada.
Número de concurso: 25/038.
Número de prazas: 1.
OEP: 2025.
Corpo: catedrático/a de universidade.
Modo de provisión: promoción interna.
Área de coñecemento: Lingüística Xeral.
Departamento: Letras.
Centro: Facultade de Filoloxía.
Comisión titular:
Presidenta: Gallardo Paúls, Beatriz, catedrática de universidade. Universidade de Valencia.
Secretario: García-Miguel Gallego, José María, catedrático de universidade. Universidade de Vigo.
Vogal 1ª: Galán Rodríguez, Carmen, catedrática de universidade. Universidade de Extremadura.
Vogal 2ª: Fernández Juncal, María Carmen, catedrática de universidade. Universidade de Salamanca.
Vogal 3º: Moreno Sandoval, Antonio, catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Madrid.
Comisión suplente:
Presidenta: Cabeza Pereiro, María del Carmen, catedrática de universidade. Universidade de Vigo.
Secretario: Pérez Pascual, José Ignacio, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.
Vogal 1ª: Madrid Cánovas, Sonia, catedrática de universidade. Universidade de Murcia.
Vogal 2ª: Cestero Mancera, Ana María, catedrática de universidade. Universidade de Alcalá.
Vogal 3º: Pamies Bertrán, Antonio, catedrático de universidade. Universidade de Granada.
Número de concurso: 25/039.
Número de prazas: 1.
OEP: 2025.
Corpo: catedrático/a de universidade.
Modo de provisión: promoción interna.
Área de coñecemento: Matemática Aplicada.
Departamento: Matemáticas.
Centro: Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol.
Comisión titular:
Presidenta: Camacho Santana, Luisa María, catedrática de universidade. Universidade de Sevilla.
Secretario: Vázquez Cendón, Carlos, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.
Vogal 1º: Mira Carrillo, Pablo, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Cartagena.
Vogal 2º: Hermida Alonso, José Ángel, catedrático de universidade. Universidade de León.
Vogal 3ª: Tarquis Alfonso, Ana María, catedrática de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.
Comisión suplente:
Presidenta: García González, Esther, catedrática de universidade. Universidade Rey Juan Carlos.
Secretario: Colominas Ezponda, Ignacio, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.
Vogal 1º: Aledo Sánchez, Juan Ángel, catedrático de universidade. Universidade de Castilla-La Mancha.
Vogal 2º: Casás Mirás, José Manuel, catedrático de universidade. Universidade de Vigo.
Vogal 3ª: Pérez Díaz, Sonia, catedrática de universidade. Universidade de Alcalá.
Número de concurso: 25/040.
Número de prazas: 1.
OEP: 2025.
Corpo: catedrático/a de universidade.
Modo de provisión: promoción interna.
Área de coñecemento: Didáctica e Organización Escolar.
Departamento: Pedagoxía e Didáctica.
Centro: Facultade de Ciencias da Educación.
Comisión titular:
Presidenta: González Sanmamed, Mercedes, catedrática de universidade. Universidade da Coruña.
Secretario: Rodríguez Rodríguez, Jesús, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.
Vogal 1ª: Casillas Martín, Sonia Rocío, catedrática de universidade. Universidade de Salamanca.
Vogal 2º: Ballesta Pagán, Francisco Javier, catedrático de universidade. Universidade de Murcia.
Vogal 3º: Aguaded Gómez, Ignacio, catedrático de universidade. Universidade de Huelva.
Comisión suplente:
Presidenta: Pino Juste, Margarita Rosa, catedrática de universidade. Universidade de Vigo.
Secretario: Cabero Almenara, Julio, catedrático de universidade. Universidade de Sevilla.
Vogal 1ª: Marín Díaz, Verónica, catedrática de universidade. Universidade de Córdoba.
Vogal 2ª: Goenechea Permisán, Cristina, catedrática de universidade. Universidade de Cádiz.
Vogal 3º. Trujillo Torres, Juan Manuel, catedrático de universidade. Universidade de Granada.
