A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense, na sesión ordinaria do 5 de setembro de 2025, adoptou, entre outros, o acordo de aprobar a oferta de emprego público correspondente ao exercicio de 2025 en materia de seguridade cidadá do SPEISPC, por promoción interna, na cal se inclúen tres prazas de sarxento de incendios (escala de Administración especial; subescala de servizos especiais; clase persoal de extinción de incendios; categoría de sarxento de incendios; subgrupo C1). O proceso selectivo aplicable será o de concurso-oposición. O citado acordo foi publicado no Boletín Oficial da provincia de Ourense número 188 o 1 de outubro de 2025.
O dito acordo pode consultarse na sede electrónica do Concello de Ourense https://sede.ourense.gob.es/public/bulletin/bulletin-index.xhtml e na páxina web https://ourense.gal/es/servizos/recursos-humanos
O que se fai público advertindo que contra esta resolución que pon fin á vía administrativa poderá interporse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ou ben acudir directamente á vía xudicial, interpondo recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso- Administrativo de Ourense no prazo de dous meses. Os prazos indicados computaranse de data a data a partir do día seguinte ao da notificación da presente resolución. Non poderán interporse simultaneamente ambos os recursos. Sen prexuízo do anterior, a persoa interesada poderá interpor calquera outro recurso que considere procedente.
Ourense, 1 de outubro de 2025
Gonzalo Pérez Jácome
Alcalde presidente
