En cumprimento do previsto no artigo 142 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Comunidade de Usuarios San Isidro de Cortellas.
Expediente: DH.A36.109800.
Volume total anual: 11.109,60 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 1,10 l/s.
Destino: abastecemento.
Orixe: seis (6) mananciais M1 a M6.
M1 en parc. 232, pol. 10.
M2 en parc. 206, pol. 10.
M3 en parc. 212, pol. 10.
M4 e M5 en parc. 146, pol. 8.
M6 en parc. 121, pol. 8 do catastro de Soutomaior.
Lugar: Cortellas.
Parroquia: Soutomaior.
Concello: Soutomaior.
Descrición:
A auga de M1, M2 e M3 condúcese a depósito 1 en parc. 232, pol. 10. A auga de M4, M5 e M6, a depósito 2 en parc. 121, pol. 8. Desde ambos os depósitos parten redes de abastecemento ás vivendas que abastece a comunidade.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador 2 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións pública.
Vigo, 2 de outubro de 2025
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
