DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Mércores, 29 de outubro de 2025 Páx. 56283

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 3 de outubro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN408A PB 01/2025).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante: Taiga Mistral Bess, S.L. (B56545940)

Domicilio social: rúa Gobelas, núm. 13, 1º, 28023 Madrid.

Denominación: Instalación de almacenamento enerxético con baterías Bess Batundeira.

Concello: Ourense.

Características principais recollidas no proxecto:

1. Planta de almacenamento de enerxía mediante baterías stand-alone coas seguintes características: potencia instalada: 4,99 MW; capacidade de almacenamento de enerxía: 22,36 MWh.

Consta dos seguintes elementos: baterías; BMS (Battery Management System); PCS (Power Conversion System)/inversor; aparellaxe; EMS (Energy Management System) e Scada; sistema DC/AC; proteccións; medida; posta á terra; conexión á rede; sistemas auxiliares; sistema de monitorización e acceso web; sistema de seguridade perimetral; PCI (detección e extinción de incendios).

Características principais:

I. 5 sistemas de almacenamento de enerxía en baterías (ESS).

II. 30 inversores con potencia nominal de 166,33 kW.

III. Centro de transformación, protección, medida e control en edificio prefabricado de tipo interior, co seguinte equipamento: cela de liña, cela de protección con interruptor automático e cela de medida, e transformador de 5.500 kVA de potencia e r/t: 20/0,8 kV.

2. LMTS de 830 m de lonxitude, a 20 kV, en condutor RHZ1-2OL AL H16 12/20 kV 1x(3x150) mm², coa orixe no centro de transformación, protección, medida e control e final na subestación eléctrica de Velle (de titularidade de UFD).

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das citadas instalacións.

Documentación que se expón:

– O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Moreno Sánchez, colexiado número 1327 do Colexio Oficial de Graduados e Enxeñeiros Industriais de Ciudad Real, o 7 de xullo de 2025.

O que se fai público para o coñecemento xeral e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que se consideren oportunas, dentro do prazo de trinta (30) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Órgano competente para autorizar o proxecto: Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas.

Toda a documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, núm. 1, 3º, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como na seguinte ligazón web da consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

Ourense, 3 de outubro de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense