No Boletín Oficial da provincia (BOP) de Lugo núm. 216, do 19 de setembro de 2025 e corrección de erros BOP núm. 227, do 2 de outubro de 2025, publícase a convocatoria e bases específicas, que regulan os procesos selectivos para o ingreso nas prazas de persoal funcionario de carreira, na Deputación Provincial de Lugo, incluídas na oferta de emprego público dos anos 2023, 2024 e 2025, que a seguir se sinalan:
– Cinco prazas de terapeuta ocupacional, do cadro de persoal funcionario, pertencentes á escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos/as medios, grupo A, subgrupo A2, mediante o sistema de concurso-oposición, cota xeral, acceso libre.
O prazo de presentación de solicitudes será vinte (20) días naturais desde o seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria e bases no Boletín Oficial del Estado (BOE).
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no BOP de Lugo, no taboleiro de edictos desta entidade e na páxina web da Deputación Provincial de Lugo.
Lugo, 8 de outubro de 2025
O presidente da Deputación Provincial de Lugo
P.D. (Decreto do 25.6.2025)
Pablo Rivera Capón
Deputado provincial de Lugo
