DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Mércores, 29 de outubro de 2025 Páx. 56338

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Xenética Fontao, S.A.

ANUNCIO do 8 de outubro de 2025 polo que se dá publicidade ao Acordo do 19 de setembro de 2025, do Consello de Administración, sobre selección de persoal para a apertura de listas previas para a cobertura temporal de diversos postos de traballo.

De conformidade co establecido na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e de conformidade co establecido no artigo 20.1.g) dos seus estatutos, o Consello de Administración de Xenética Fontao, S.A., do 19 de setembro de 2025,

ACORDA:

Primeiro. Abrir as listas previas para a cobertura con carácter temporal de determinados postos de traballo do cadro da empresa mediante o procedemento de apertura, publicidade, baremación, elaboración de listaxes, e posterior chamamento de candidatos/as por orde de puntuación.

Segundo. Apertura dun prazo para a inscrición nas seguintes listaxes

– Titulados superiores: biólogos/veterinarios.

– Analistas de laboratorio: técnico superior (FP2 ou equivalente) de especialidades de laboratorio.

– Auxiliar de laboratorio: técnico medio de FP de especialidades de laboratorio.

Terceiro. Documentación que deben presentar as persoas interesadas

O proceso de cualificación das persoas candidatas axustarase ao disposto nas bases específicas que para cada categoría profesional están publicadas no Perfil do contratante da web de Xenética Fontao, S.A.: http://www.xeneticafontao.com/perfil.php

As persoas candidatas deberán achegar a documentación que para cada categoría profesional se recolle na epígrafe «Documentación que se debe presentar» das correspondentes bases específicas.

Cuarto. Lugar e prazo de presentación

As solicitudes dirixiranse ao director xerente de Xenética Fontao, S.A., e a súa presentación poderase facer:

– Nas oficinas de rexistro de Xenética Fontao, S.A., sitas no lugar Fontao-Esperante, 27210 Lugo, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

– Nas oficinas do organismo estatal de Correos mediante correo certificado con xustificante de recepción (debendo, neste caso, no mesmo día de presentación da solicitude, deberá remitir vía fax, ao número 982 28 46 26, acreditación da dita presentación, que comprende tanto o xustificante acreditativo do envío que se entrega ao cliente por parte do organismo estatal de Correos como a copia da solicitude ao proceso de selección).

O prazo de formulación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. Proceso e Comisión de Selección

A baremación das solicitudes efectuarase, de acordo coas bases específicas correspondentes a cada categoría, por unha comisión de selección presidida polo director xerente de Xenética Fontao, S.A., e formada polas dúas direccións técnicas/xefaturas de área da empresa.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2025

Jesús Vázquez Pérez
Director xerente de Xenética Fontao, S.A.