Mediante acordo da Xunta de Goberno Local deste concello, na sesión ordinaria do 30 de setembro de 2025, aprobáronse as bases para a provisión do posto de operario/a de servizos-fontaneiro/a, mediante concurso-oposición, en réxime de persoal laboral fixo.
O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.
As bases e os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas ditas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia, así como na páxina web (www.ribeiradepiquin.es) e na sede electrónica deste concello (https://ribeiradepiquin.sedelectronica.gal).
Ribeira de Piquín, 3 de outubro de 2025
Roberto Fernández Rico
Alcalde presidente
