DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Mércores, 29 de outubro de 2025 Páx. 56274

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2025 pola que se nomean profesores e profesoras titulares de universidade (TU2405).

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos de acceso convocados mediante a Resolución desta universidade do 29 de maio de 2025 (BOE do 12 de xuño), e presentada polas persoas propostas a documentación a que fai referencia a base 8ª da convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 2 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo), e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que deberán efectuarse no prazo máximo de vinte (20) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado. Se o último día do prazo for inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

Vigo, 16 de outubro de 2025

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Código:

TU2405-H09-185-TU-TC-01

Corpo:

Profesor/a titular de universidade

Área de coñecemento:

A0185 Debuxo

Departamento:

D00H09 Debuxo

Centro de traballo:

201 Facultade de Belas Artes

DNI

***3701**

Nome e apelidos

José Andrés Santiago Iglesias

Código:

TU2405-T07-520-TU-TC-01

Corpo:

Profesor/a titular de universidade

Área de coñecemento:

A0520 Enxeñaría de Sistemas e Automática

Departamento:

D00T07 Enxeñaría de Sistemas e Automática

Centro de traballo:

312 Escola de Enxeñaría Industrial

DNI

***4878**

Nome e apelidos

Andrés Suárez García