DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 30 de outubro de 2025 Páx. 56543

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 14 de outubro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-FE-0298/2024-PRE e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-FE-0298/2024-PRE e cinco máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución dos expedientes de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c), da mesma lei.

A Coruña, 14 de outubro de 2025

María José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

PSC-FE-0298/2024-PRE

32717585Q

Resolución

PSC-FE-0299/2024-PPM

32655845P

Resolución

PSC-FE-0316/2024-PPM

76778414K

Resolución

PSC-FE-0319/2024-PPM

32735175B

Resolución

PSC-FE-0385/2024-PPM

76778104X

Resolución