Na sesión que tivo lugar o 9 de xullo de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 29 de maio de 2024 (DOG núm. 108, do 5 de xuño) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías 3, 12, 15, 34, 36, 37, 43, 52, 54, 54B, 66, 71, 94, 98, 100, 101, 103 e 104 do grupo III do persoal laboral da Xunta de Galicia e do persoal laboral propio do Cixtec (grupo III), categoría 100 bombeiro/a forestal xefe/a de brigada, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro),
ACORDOU:
Primeiro. Mediante a Resolución do 22 de novembro de 2024 (DOG núm. 227, do 25 de novembro) e do 4 de xuño de 2025 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), este tribunal acordou facer pública a baremación definitiva da fase de concurso da categoría 100 bombeiro/a forestal xefe/a de brigada.
Como consecuencia da estimación de varios recursos de alzada, este tribunal acorda modificar as ditas resolucións con relación á puntuación das persoas aspirantes que se recollen no anexo e publicar un baremo definitivo consolidado no que se reflicte a puntuación de todas as persoas aspirantes baremadas neste proceso.
Segundo. A puntuación definitiva obtida tras a modificación reflíctese no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
Terceiro. De acordo co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2025
Concepción Moares Domínguez
Presidenta do tribunal
ANEXO
Baremo-listaxe definitiva (puntuación)
Convocatoria: grupo III-laboral (concurso).
Corpo: xefes de brigada.
Quenda acceso: libre.
|
DNI |
Apelidos e nome |
III.1.1.a) |
III.1.1.b) |
III.1.1. Total experiencia |
III.1.2.a) |
III.1.2.b) |
III.1.2.c) |
III.1.2. Total outros |
Total |
|
***7940** |
Prieto García, Moisés |
12.6 |
11.75 |
24.35 |
12.72 |
0 |
0 |
12.72 |
37.07 |
|
***4999** |
García Fernández, Óscar |
12.6 |
1.5 |
14.1 |
17.5 |
0 |
0 |
17.5 |
31.6 |
