DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 30 de outubro de 2025 Páx. 56547

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 14 de outubro de 2025, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifican os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas (expediente DH.A15.12426 e nove máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), sendo descoñecido o enderezo das persoas interesadas ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas, por ter expirado o prazo concesional, ditados no expediente DH.A15.12426 e nove máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2025

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Data do acordo

DH.A15.12426

Antonio Rey Rodríguez e Gaspar Carrillo Ramos

18.9.2025

DH.A27.1872

Comunidade de Usuarios de Puciños-Rato

18.9.2025

DH.A15.13532

Isolina Lourdes Fernández Antelo

18.9.2025

DH.A15.13443

Delfina Guerreiro Quintás

18.9.2025

DH.A36.4023

Asunción Diz Fazanes

18.9.2025

DH.A15.11008

José García Santiso

18.9.2025

DH.A36.4108

Comunidade de Usuarios de Portodegómez

18.9.2025

DH.A36.4488

Sara Vázquez Gallego

18.9.2025

DH.A15.7420

Manuel Perol Ambruñeiras

18.9.2025

DH.A36.13393

Comunidade de Regantes Poza dos Cornellos

18.9.2025