Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Instalación de telecontrol na LMT SNT822 no apoio A3NE2O97//D22-33-1, no concello de Ames (expediente IN407A 2023/326-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 16 de outubro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/326-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: instalación de telecontrol na LMT SNT822 no apoio A3NE2O97//D22-33-1.
Concello: Ames.
|
Predio |
Lugar |
Referencia catastral |
Titularidade proposta |
Data de ocupación |
|
1 |
Maral |
Parcela: 622 Polígono: 507 |
Marina Ameneiro Crego |
4.11.2025 |
