DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 31 de outubro de 2025 Páx. 56752

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle relativo á parcela na cal se localiza o actual mercado municipal de Palavea (expediente DPE/2025/47).

A Xunta de Goberno local, na sesión que tivo lugar o 22.10.2025, acordou aprobar inicialmente o documento denominado Estudo de detalle da parcela coa referencia catastral 9176501NH4997N (actual mercado municipal de Palavea). Agosto 2025, promovido polo Concello da Coruña e asinado polos arquitectos Álvaro Fernández Carballada, Beatriz Aneiros Filgueira e Laura Fernández Suárez, cos números do COAG 1047, 2137 e 12752, respectivamente, pertencentes á empresa Fernández Carballada y Asociados, S.L.P.

En cumprimento do disposto no artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 194.2 e 207 do seu regulamento, sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o estudo de detalle e formular as alegacións que procedan.

A documentación estará á disposición do público no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello, na epígrafe de publicidade oficial, taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, información urbanística; na web de Urbanismo, na epígrafe de exposición pública, e no visor Desenvolvemento do planeamento. Tamén se poderá consultar fisicamente nas dependencias da Área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda do Concello da Coruña (praza de Indalecio Prieto, 1-3), das 9.00 ás 13.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 27 de outubro de 2025

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3531/2024, do 19 de xuño; BOP núm. 123, do 27 de xuño)
Jose M. Lage Tuñas
Concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica