DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 3 de novembro de 2025 Páx. 56971

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANUNCIO do 17 de outubro de 2025, do Servizo de Consumo de Ourense, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador 32S001/009/2025.

De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e no artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, logo de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015, sen que esta se puidese efectuar, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo instrutor do procedemento.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante o Servizo de Consumo de Ourense sito na avenida de Zamora, núm. 13, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 17 de outubro de 2025

Cristina Estrella Vázquez Gil
Xefa do Servizo de Consumo de Ourense

ANEXO

Expediente: 32S001/009/2025.

CIF/NIF da persoa interesada: 44448837A.

Acto notificado: notificación da proposta de resolución de procedemento sancionador en materia de consumo.