DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 3 de novembro de 2025 Páx. 56949

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 6 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, polo que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo PO 65/2025, contra a Resolución do 6 de novembro de 2024 pola que se modifica a Resolución do 23 de outubro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o acceso a determinados corpos, escalas e especialidades (Diario Oficial de Galicia número 215, do 7 de novembro).

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal recibiu un oficio da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo que solicita a comparecencia de cantas aparezan como persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo PO 65/2025, contra a Resolución do 6 de novembro de 2024 pola que se modifica a Resolución do 23 de outubro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o acceso a determinados corpos, escalas e especialidades (DOG núm. 215, do 7 de novembro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas para que poidan comparecer como parte nos autos ante a referida sala no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2025

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal