DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 3 de novembro de 2025 Páx. 56953

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 9 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, polo que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo PA 83/2025, contra a Resolución do 27 de decembro de 2024 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de montes, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de montes, ou o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de montes, convocados polas resolucións da Consellería de Facenda e Administración Pública do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 17 de decembro) (Diario Oficial de Galicia número 6, do 10 de xaneiro de 2025).

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal recibiu un oficio do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense, polo que solicita o emprazamento de cantas aparezan como persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo PA 83/2025, contra a Resolución do 27 de decembro de 2024 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de montes, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de montes, ou o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de montes, convocados polas resolucións da Consellería de Facenda e Administración Pública do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 17 de decembro) (DOG núm. 6, do 10 de xaneiro de 2025).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas para que poidan comparecer como parte nos autos ante o referido xulgado no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2025

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal