DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 3 de novembro de 2025 Páx. 56933

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica nos concellos do Porriño e Ponteareas (expediente IN407A 2025/175-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS ATI712 e substitución CTI Laxes Confurco 36AA24 por CTC.

Situación: O Porriño e Ponteareas.

Características técnicas:

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×150) KAL+H16, de 204 metros de lonxitude, coa orixe no apoio A615V4ML//D1-21-17 da liña de media tensión aérea (LMTA) ATI712, mediante un paso aéreo subterráneo no Confurco, Ponteareas, e final no novo centro de transformación proxectado Laxes Confurco.

– Centro de transformación compacto de 160 kVA, con relación de transformación 15 kV/400 V, situado na parcela de referencia catastral 36039A006000440001FA nos Eidos, O Porriño.

– Retirada do centro de transformación intemperie Laxes Confurco (36AA24).

A instalación está situada no Confurco, parroquia de Xinzo, no concello de Ponteareas, e nos Eidos, parroquia de Cans (Santo Estevo), no concello do Porriño.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 9 de outubro de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2025/175-4.

Denominación: LMTS ATI712 e substitución CTI Laxes Confurco 36AA24 por CTC.

Concellos: O Porriño e Ponteareas.

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

Afeccións

Pleno dominio (m²)

CT

Servidume

ml sub.

m² sub.

1

Leirados

Rústico

36042A036060000000DZ

Transfrío-Servicios Logísticos Souto, S.L.

0,92

2,73

2

As Laxes

Urbana

36039A006000220000DR

Descoñecido

11,56

0,74

3,63

3

As Laxes

Urbana

36039A006000230000DD

María del Carmen Rodríguez Acuña

3,41

1,86

6,49