DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 3 de novembro de 2025 Páx. 56945

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 17 de outubro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se lles notifica ás persoas interesadas a constitución do depósito de pagamento do prezo xusto polas afectacións derivadas da construción dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2022/173-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio cítanse as persoas titulares dos predios relacionados no anexo para seren notificadas por comparecencia, por non ser posible a notificación prevista na citada norma, da constitución, por parte da empresa beneficiaria, dos depósitos de pagamento do prezo xusto acordado mediante a resolución do Xurado de Expropiación de Galicia e os xuros de demora, relativos ás afectacións derivadas da construción da instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA BBA801 CT rampla Antolín 32C716, situada no concello de Ourense.

As persoas titulares ou os seus representantes deberán comparecer no prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do BOE, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, núm. 1, 4º andar, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Na comparecencia terán que presentar unha copia do seu DNI/NIF, a documentación que os acredite como titulares dos predios afectados e unha certificación de titularidade da conta bancaria onde se lles ingresará a cantidade correspondente ao depósito constituído ao seu favor. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Ourense, 17 de outubro de 2025

A directora territorial de Ourense
P.S.L. (Decreto 140/2024, artigo 40.3)
José Luis Prada Suárez
Xefe do Servizo de Industria de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos,
con enderezo ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2022/173-3.

Instalación: Regulamentación LMTA BBA801 CT rampla Antolín 32C716.

Concello: Ourense.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Data dos depósitos: 16 de outubro de 2025.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

1

Ourense

5068034NG9846N0001SD

Descoñecido/a

2

Bo Antolín

5070003NG9856N0001HJ

Descoñecido/a