DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 3 de novembro de 2025 Páx. 56983

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Souto

ANUNCIO da segunda convocatoria da asemblea xeral para a aprobación dos estatutos.

A que subscribe, María del Pilar Picallo Alfonsín, veciña do lugar de Souto, parroquia de Santo André de Souto, concello da Estrada (Pontevedra), actuando como representante da Comunidade de Usuarios de Souto, pola presente convoco á asemblea xeral a todos os usuarios de augas, que terá lugar o 29 de novembro de 2025 (sábado), ás 11.00 horas en primeira convocatoria e ás 11.30 horas en segunda convocatoria, na nave dos depósitos, sita nos terreos da parcela núm. 1, polígono 225, coa referencia catastral 36017A225000010000DK coordenadas UTM (ETRS89) X: 543.608 Y: 4.718.025, coa seguinte orde do día:

1. Aprobación, se procede, das ordenanzas e dos regulamentos polos cales se rexerá a Comunidade.

2. Rogos e preguntas.

A Estrada, 11 de outubro de 2025

María del Pilar Picallo Alfonsín
Representante da Comunidade de Usuarios de Souto