DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 3 de novembro de 2025 Páx. 56973

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Corgo

ANUNCIO referente á convocatoria para prover unha praza de auxiliar de axuda no fogar.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 229, do 4 de outubro de 2025, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover:

– Unha praza de auxiliar de axuda no fogar, pertencente ao persoal laboral fixo deste concello, escala de Administración especial, subescala de servizos especiais-servizos sociais comunitarios básicos, mediante o sistema de concurso-oposición en turno libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo, no taboleiro de anuncios do concello, na páxina web www.concellodocorgo.com e no taboleiro de anuncios da sede electrónica.

O Corgo, 6 de outubro de 2025

Felipe Labrada Reija
Alcalde