Mediante este anuncio procédese á publicación da rectificación dun erro existente na oferta de emprego público correspondente á anualidade de 2023, que foi publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 100, do 27 de maio de 2025.
Con data do 30 de setembro de 2025 procedeuse a realizar a rectificación dun erro na Resolución da Alcaldía do 22 de decembro de 2023, ao abeiro do artigo 109 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as administracións públicas poderán rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos.
En virtude do exposto, procede a rectificar o erro material no Decreto 2023-1126, do 22 de decembro, e, en consecuencia, onde di: «Auxiliar administrativo (fixo-descontinuo xornada parcial)», debe dicir: «Auxiliar administrativo».
Foz, 1 de outubro de 2025
Francisco Cajoto Caserío
Alcalde
