DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 4 de novembro de 2025 Páx. 57171

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela, no procedemento abreviado 287/2025.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 1 de Santiago de Compostela, tramítase o recurso 287/2025 (procedemento abreviado), interposto por Lidia Graña Calvo, contra a desestimación presunta, por silencio administrativo, do recurso de reposición interposto fronte á Resolución do 13 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario (DOG núm. 64, do 2 de abril), na categoría de enfermeiro/a.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2025

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos