Ao abeiro do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación da resolución da reclamación previa ditada polo departamento territorial no último domicilio da persoa interesada sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio notifícaselle a dita resolución á persoa citada no anexo, que é emprazada para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación no Boletín Oficial del Estado, compareza en persoa ou debidamente representada no Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Igualdade, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para ter coñecemento do contido íntegro da dita resolución. Transcorrido o prazo, de non o facer, terase por efectuada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
É informada, como consta na dita resolución que esgota a vía administrativa, de que contra ela poderá interpoñer demanda perante o Xulgado do Social dentro dos trinta (30) días seguintes ao da data da súa notificación por comparecencia, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.
A Coruña, 10 de outubro de 2025
María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña
ANEXO I
Procedemento BS650A
|
Nº de expediente |
Persoa interesada DNI/NIE |
Resolución |
Data da resolución |
|
150152196 |
79318530V |
Desestimación |
15.9.2025 |
