DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 4 de novembro de 2025 Páx. 57139

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 20 de outubro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunican a consignación de depósitos previos á ocupación e a data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de substitución do apoio A1SVIRS2//T16-23 da LMTA ATI727, LMTA e nova LMTS ATI727.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este anuncio infórmanse as persoas afectadas pola expropiación da consignación do depósito previo á ocupación e da data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución do apoio A1SVIRS2//T16-23 da LMTA ATI727, LMTA e nova LMTS ATI727, que figuran no cadro anexo.

As persoas interesadas poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria de Vigo. Na solicitude deberán achegar unha copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figuran como titulares da conta en que se ingresará o depósito.

Vigo, 20 de outubro de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2024/162-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Substitución do apoio A1SVIRS2//T16-23 da LMTA ATI727, LMTA e nova LMTS ATI727.

Concello: O Porriño.

Predio

Referencia catastral

Titular

Data da ocupación

Depósito previo

1

36039A036003300000DI

Descoñecido/a

19 de novembro de 2025

2025/54/453

3

36039A036003030000DU

Descoñecido/a

19 de novembro de 2025

2025/54/456

4

36039A036003040000DH

Hrdos. de José Luis Alonso Serodio

19 de novembro de 2025

2025/54/457

5

36039A036003050000DW

Descoñecido/a

19 de novembro de 2025

2025/54/454