DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 4 de novembro de 2025 Páx. 57119

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2025 pola que se aproba e fai pública a lista provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional de arquitecto/a técnico/a pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 25 de agosto de 2025 (DOG do 9 de setembro e BOE do 29 de setembro), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de arquitecto/a técnico/a, grupo II, pola quenda de acceso libre. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista provisional de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm

Quinto. As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Sexto. Nomear, en aplicación da base 5.1 da convocatoria, o tribunal do proceso selectivo. Estará composto polas seguintes persoas:

Tribunal titular:

Presidente:

– Teodoro Lamela Formoso, persoal laboral fixo do grupo II da USC.

Vogais:

– Yolanda Rivero Martínez, funcionaria de carreira do corpo facultativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Alejandra Martínez Maquieira, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

– Ramón Fernández Varela, persoal laboral fixo do grupo II da USC.

Secretario:

– Javier Piñeiro Quintela, funcionario de carreira da escala de xestión da USC, que actuará con voz e voto.

Tribunal suplente:

Presidenta:

– Sandra Novo Sánchez, funcionaria de carreira do corpo facultativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vogais:

– Néstor Jesús Rodríguez Porto, persoal laboral fixo do grupo II da USC.

– Martín Cacheiro Martínez, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

– Juan José Ponte Mecías, persoal laboral fixo do grupo II da USC.

Secretaria:

– Silvia M. Moreira Figueiras, funcionaria de carreira da escala técnica superior de administración da USC, que actuará con voz e voto.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2025

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela